martes, 28 de mayo de 2013

A FECUNDACIÓN E O COMENZO DO EMBARAZO














A ovulación prodúcese uns catorce días antes da chegada da regra. O óvulo é liberado ao longo da trompa de Falopio, deica o útero e tarda unha semana en realizar este percorrido.
O óvulo só pode ser fecundado durante 24 horas desde a ovulación ,  mentres se encontra no primeiro terzo                                                                                                                                      
 da trompa de Falopio.
O coito ou acto sexual cconsiste na introdución do pene na vaxina. Ao  exacular ,os espermatozoides libéranse no interior da vaxina .
Ao contrario ca o óvulo, os espermatozoides son moi rápidos, ascenden pola vaxina, atravesan o colo do útero e chegan a ambas as trompas de Falopio nunhas poucas horas . Ademais poden permanecer vivos no interior do aparello reproductor feminino entre tres e cinco días polo que ,se realiza o acto sexual nos días previos á ovulación ,  a probabilidade de embarazo é moi  alta.
O material xenético do espermatozoide e o do óvulo fusiónanse e complétase o proceso da fecundación.
A célula resultante recibe o nome de cigoto ou célula ovo  

COMENZO DO EMBARAZO

















Ao formarse o cigoto prodúcense unha substancia que impide que o folículo de Graaf dexenere, polo que continúan producindo  proxesterona o que á súa vez mantén o endometrio intacto e funcional.
Ao non dexenerar o endometrio non se produce menstruación o que adoita ser o primeiro síntoma do embarazo.
O cigoto empeza a dividirse moi axiña, e forma dúas células idénticas que a súa vez continúan duplicando o seu número cada poucas horas.Durante os días que dura o percorrido deica o útero chegan a ser uns centos de células que forman unha esfera oca de pouco máis de medio centímetro de diámetro.
Cando esta masa esférica de células chegan ao útero prodúcese a aniñación; é dicir adhírese ao endometrio.A partir dese momento recibe o nome de embrión e desenvólvense tres importantes estruturas:

  1. A placenta: Órgano que se desenvolve no endometrio e que serve de conexión entre a nai eo embrión.
  2. O cordón umbilical: Conecta o embrión coa placenta  e está formado por un tubo por onde discorren tres vasos sanguineos: dúas arterias que levan as substancias de refugo do embrión á nai; á nai, e unha vea que leva nutrientes da nai ao embrión.
  3. A bolsa amniótica: É un saco cheo de líquido chamado líquido amniótico; no seu interior permanece o embrión






Endometrio:O endometrio é a capa mucosa que reviste internamente o útero, é unha capa moi vascularizada e a súa principal función é a de recibir e albergar o embrión






No hay comentarios:

Publicar un comentario