martes, 28 de mayo de 2013

O DESENVOLVEMENTO DO EMBARAZO

A xestación ou embarazo é o proceso que comenza coa fecundación e termina co parto.Nel prodúcense cambios moi significativos.O que comenzou sendo unha única célula, o cigoto convértese en embrión; despois en feto, e nove me, por último, nun ser humano completamente formado.
O preceso dura uns 280 dias o que son 40 semanas, dez meses lunares ou aproximadamente nove meses do calendario, que comenza a contarse desde o inicio da última menstruación.
Ao longo do embarazo a nai experimenta importantes cambios, debido ao desenvolvemento e crecemento do feto no seu interior, ao intercambio que mantén con el a través da placenta,e a que o seu corpo se vai preparando para o parto e a lactación.


PRIMEIRO TRIMESTRE:

Desenvolvemento fetal: Vanse formando a cabeza, o tronco e as extremidades.Tamén os órganos internos, os aparellos circulatorio, excretor e reprodutor.
Cambios maternos: A muller percibe o seu embarazo.
Non lle vén a regra no prazo previsto, pode sentir cambios fisiolóxicos, como náuseas, incremento do sentido do olfato, máis apetito do acostumado,etc

Segundo trimestre:
Desenvolvemento fetal: Madura o sistema nervioso.O feto responde a estímulo mediante movementos.Complétanse o aparello circulatorio e o excretor.A partir  do cuarto mespode recoñecerse o sexo.Ao final do segundo trimestre mide máis  de 30 cm e pasa arredor de 1 quilogramo.
Cambios maternos: O útero dilátase e comenza a aumentar o perímetro do ventre.
Aumenta o tamaño dos peitos.
A muller pode percibir os movementos do feto no seu interior.






Terceiro trimestre:
Desenvolvemento fetal: Madura todos os órganos.O feto aumenta de tamaño e peso, e desenvolve a graxa da derme. Móvese moito.Pasa algún tempo esperto e outro durmido.
Finalmente, xíranse e queda coa cabeza encaixada na pelve da nai. Ao final mide uns 50 centrímetros e pesa entre 2,5 e 4 quilogramos.
Cambios maternos: O ventre está moi avultado debido á gran dilatación do útero para albergar o feto.
O útero oprime algúns órganos internos, como a vexiga da urina ou o intestino, o que pode causar algunhas molestias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario