martes, 28 de mayo de 2013

OS CICLOS DO APARELLO FEMININO



As hormonas sexuais femininas son os estróxenos e a proxesterona.Os estróxenos prodúcense nos ovarios e son  os responsables do desenvolvemento e mantemento dos caracteres sexuais secundarios.
A produción de estróxenos  segue un ciclo duns 28 días de duración.Cando a súa cantidade  en sangue é máxima prodúcense a ovulación , é dicir , a rutura do folículo, coa saída do óvulo á trompa de falopio.


Estróxenos:Os estróxenos son hormonas sexuais do tipo feminino que maioritariamente se producen nos ovarios, son moi importantes durante o embarazo e permiten estimular o crecemento do útero para que poida adaptarse ao desenvolvemento do neno. O estróxeno induce á proliferación celular dalgúns órganos, por iso favorece o aumento do peito e da produción de leite materno, tamén contribúe ao aumento do fluxo sanguíneo, e como sabemos, o bebé recibe os nutrientes necesarios para o seu desenvolvemento a través do sangue.

Proxesterona:a proxesterona tamén exerce outro efecto, esta vez sobre as mamas facendo que estas tamén se engrosen preparándose así para unha suposta e futura lactación



No hay comentarios:

Publicar un comentario