martes, 28 de mayo de 2013

O PARTO E AS COMPLICACIONS

O embarazo finaliza co parto que é a saída do meniño xa formado ao exterior a través da vaxina.O parto consta de tres fases:

  1. Dilatación: O colo do útero comeza a dilatarse, aumentando o seu diámtro. Os músculos da vaxina reláxanse e dilátanse. A musculatura do útero comeza a contraerse ritmicamente. Rompe a bolsa amniótica e sae ao exterior o líquido amniótico que son entre tres e cinco litros dun líquido transparente. Isto coñécense como <<romper augas>>.
  2. Expulsión:O feto é empuxado ao exterior polas contraccións do útero é pola forza que exerce a nai empuxando co diafragma. Sae a través do colo do útero e da vaxina que están dilatados ao máximo. Esta fase dura normalmente entre quince e trinta minutos.
  3. Libramento: Entre cinco e quince minutos despois da expulsión, sae ao exterior a placenta, xunto cos restos  do endometrio.















As complicacions do parto
Normalmente, o parto transcorre ssen problemas, pero en ocasións poden presentarse complicacións que requiren a actuación do médico.
  1. Mala postura do meniño: Se o feto non ten a cabeza encaixada na pelve da nai, isto pode alongar moito a fase de expulsión. Adoitan utilizarse fórceps, que son unhas grandes pinzas que se introducen no útero para suxeitar o meniño e tirar del con coidado
  2. Insuficiante dilatación do colo do útero e da vaxina: Para evitar este problema adminístraselle á nai un soro coa hormona oxitocina, que é a que produce a dilatación e as  contraccións do útero.
  3. Pinzamento do cordón umbilical: Se o cordón umbilical está comprimido, córtase o fluxo de sangue entre a nai e o feto e este sofre unha falta de osíxeno que, sew se prolonga por máis  de cinco minutos , pode producirlle lesións cerebrais. Este pinzamento pode ocorrer, por exemplo se o cordón está enrolado arredor do feto.








No hay comentarios:

Publicar un comentario